Skip to Content

Extraescolares

Día da ciencia na rúa

O Fernando Blanco organiza o Día da Ciencia na Rúa luns 12 de xuño. Este é un proxecto levado a cabo coa colaboración de diversos departamentos do centro, que busca sacar o coñecemento adquirido polo alumnado á rúa, e facer partícipes do seu traballo á poboación en xeral, así coma mellorar a súa competencia comunicativa, científica e divulgativa, entre outras.

Tras un arduo traballo por parte do alumnado, nesta primeira edición conseguiuse preparar 12 postos, con retos e experimentos enmarcados en todas as ramas da ciencia, sempre buscando un obxectivo divulgativo e entretido. Esta xornada está orientada cara o alumnado dos centros educativos da contorna, aínda que pode participar calquera persoa que decida achegarse.

A resposta dos centros á actividade foi moi positiva, estando prevista a asistencia de máis de 450 alumnos dos seguintes centros educativos: IES Agra de Raíces, IES Lamas de Castelo, CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial e o alumnado da ESO do IES Fernando Blanco.

Aínda que inicialmente estaba previsto realizar a xornada na Alameda de Cee, debido ao mal tempo con previsión de chuvias para este luns, faise no Pavillón polideportivo municipal.

Esta xornada conta coa colaboración do Concello de Cee.

Álbum: Web -> Día da ciencia na rúa 12/06/2023

VISITA AO RÍO NEGRO

 

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

Visita ao río Negro 11/05/2023

 A saída ó Río Negro (Muxía) enmárcase dentro da educación ambiental, e nesta saída o alumnado participa nun programa de voluntariado ambiental. Neste programa, o Proxecto Ríos, cada grupo de voluntarios adopta un tramo duns 500 metros de río para facer unha avaliación do estado de saúde do mesmo, baixo a coordinación da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Tras o traballo de campo os resultados obtidos pasan a formar parte dunha base de datos que servirá para a publicación dos informes anuais do estado de conservación dos ríos galegos. 

O grupo de voluntarios do IES Fernando Blanco estivo constituído polo alumnado de 2º de ESO de Paisaxe e Sustentabilidade, o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica, os cales adoptaron un tramo de 430 metros do Río Negro próximos á sua desembocadura, na zona de Os Muíños, no Concello de Muxía.

Para a inspección do río os voluntarios fixeron o traballo de campo o día 11 de maio, cumprimentando unha ficha de inspección na que se estudou tanto a calidade hidromorfolóxica do tramo adoptado, como a calidade físico-química e biolóxica. Cabe destacar neste último apartado o uso de bioindicadores do leito do río. A identificación de macroinvertebrados foi unha das tarefas que ocupou a maior parte da saída, e que lle permitiu ao alumnado tomar conciencia da importancia da conservación dos ecosistemas para preservar a biodiversidade.

Surf en Razo

Un grupo de alumnado de 3º da ESO acompañados polos seus docentes Silvia Santamaría e Sergio Carballo tiveron a ocasión de participar nun "bautismo" de surf na praia de Razo en Carballo, ademais de ter unha xornada de convivencia na natureza.

 

Álbum: Web -> Surf en Razo 24/04/2023

O IES Fernando Blanco en FP Innova 2023

O IES Fernando Blanco estará presente no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023) que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago. 

Esta presenza é a través do departamento de Instalación e mantemento que expoñerá en dous stands (os nº 20 e 21) dous dos proxectos que resultaron premiados en edicións de FP innova nos últimos anos.

Os proxectos expostos son, no stand 20 Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira e no stand 21 Adestrador de elevador operado por sistema periférico.

Os stands estarán atendidos polos docentes Bibiana Bértoa e Diego Carril e tamén polo alumnado de 2º do CM Mantemento electromecánico, quen farán demostracións do seu funcionamento e explicarán as características dos proxectos aos visitantes.

Cómpre salientar que o mércores 22 visitarán FP Innova 2023 alumnado doutros ciclos do IES Fernando Blanco.

Álbum: Web -> Exposición FP Innova 22, 23 e 24 marzo 2023

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Día da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado venres día 10 de febreiro, as alumnas Irene Ramón e Paula Lema de 1º de bacharelato acudiron á Masterclass de Física de Partículas, no IGFAE, organizada con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia do pasado 11 de febreiro.

Nesta xornada aprenderon un pouco sobre as partículas elementais que nos compoñen, e incluso descubriron varios candidatos a Bosón de Higgs!!

Ao final da xornada, participaron nunha videoconferencia co CERN para discutir os resultados obtidos na práctica, que se desenvolvou íntegramente en inglés.

Deste xeito pasaron unha xornada coma brillantes investigadoras, demostrando que tamén as mulleres poden facer ciencia!

Día da muller e a nena na ciencia

Carreira campo a través Xogade

Alumnado do Fernando Blanco

Reparto de dorsais 1

Este mércores 25 de xaneiro, tivo lugar a carreira campo a través da comarca Costa-Fisterra no circuíto do Refoxo (Cee) coas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta carreira está incluída no programa Xogade.

Na mesma participou parte do alumnado do IES Fernando Blanco dos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.

Reparto de dorsais 2

 

Visita a exposición en Afundación na Coruña

O alumnado de 1º de bacharelato que cursa Economía, acompañado dos seus docentes Sofía Cendán e Paulo Calvo visitaron o 20 de xaneiro na sede de Afundación da Coruña a exposición AI: More than human.

Álbum: Web -> AI: More than human

Visita ao TSXG e a MALASA

Parte do alumnado de 2º do CM de Xestión administrativa e de 2º do CS de Administración e finanzas, acompañados polas súas profesoras Adriana Castelo e Yolanda Trillo visitaron as instalacións de MALASA en Cerceda e posteriormente a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, onde foron recibidos polo presidente do mesmo don José María Gómez y Díaz-Castroverde. Facendo click sobre as imaxes podes amplialas.

  Visita ao TSXG 1Visita ao TSXG 2

 Visita ao TSXG 3  

Visita á Coruña 28/11/2022

Un grupo de alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato acompañados polos seus docentes Cristina Ledo e Pablo Mira realizaron unha visita de carácter cultural á Coruña para ver a exposición AI: More than human na sede de Afundación.

Posteriormente visitaron a ETS de Náutica e máquinas.

Diante da ETS de Náutica e máquinas Na exposición AI: More than human 

Nas cabinas de soldadura da ETS de Náutica e máquinas  Simulador de navegación dun petroleiro

Fai clic sobre as imaxes para ampliar.

Visita a empresas

O pasado 17 de outubro o alumnado dos ciclos de Soldadura e caldeiraría e Mantemento electromecánico visitaron as instalacións das empresas Glaücor Ingeniería (Ponteceso) e Fresno Metal - Grupo Malasa (Cerceda). 

Instalacións de Fresno Metal 1

 

Glaücor Ingeniería adícase a fabricación e instalación de máquinas industriais automatizadas. Fresno Metal centra o seu labor na fabricación de elementos metálicos de mobiliario para as grandes multinacionais.

Instalacións de Fresno Metal 2

Con esta visita afiánzase a mutua colaboración entre o IES Fernando Blanco e o tecido empresarial da zona.

Xornada de convivencia e deporte en Restrelo

Alumnado de 1º da ESO

O mércores 21 de setembro o alumnado de 1º da ESO, acompañados pola súa titora Lorena e a súa profesora e profesor Silvia e Sergio, tiveron unha xornada de convivencia e exercicio físico aproveitando o bo tempo que vai estes días.

Saíron do instituto pola mañá e foron camiñando ata a praia de Restrelo en Sardiñeiro seguindo un tramo do Camiño de Santiago.

Durante a camiñata 

A praia de Restrelo

Unha vez na praia o alumnado participou en xogos e actividades físicas co obxectivo de promover a socialización e o achegamento entre o novo alumnado.

Actividade: Ruta de Sendeirismo no Medio Rural. Traba - Laxe

Roteiro Traba - Laxe 2º da ESO

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

O luns 13 de xuño o alumnado de 2º da ESO realizou o roteiro entre Traba e Laxe. Unha belísima excursión bordeando a costa e pasando por espectaculares praias como a de Traba, Arnado, Soesto, a praia dos Cristais e a praia de Laxe.

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

Roteiro Traba-Laxe 2º ESO

Visita ás Illas Cíes

O pasado 10 de xuño o alumnado de 1º da ESO acompañados polas súas profesoras Silvia Santamaría e Beatriz Lemos e polo seu profesor Sergio Carballo, realizaron unha excursión ás Illas Cíes, arquipélago que forma parte do Parque nacional das illas atlánticas, ese día tiveron unha visita guiada polas Cíes, actividades recreativas e puideron tamén disfrutar da praia.

Aquí van algunhas fotos da xornada.

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

Visita ás Illas Cíes

 

 

Visita ao MUNCYT, Casa das ciencias e Encontro acampa pola paz

O 9 de xuño o alumnado de 2º e 3º da ESO acompañado por Cristina Ledo e Juan Mayo fixeron unha excursión á Coruña organizada polo departamento de tecnoloxía e tiveron ocasión de visitar o MUNCYT, a Casa das Ciencias e o Encontro acampa pola paz e o dereito ao refuxio nos xardíns de Méndez Núñez.

Velaí algunhas fotos da visita:

Visita ao MUNCYT, Casa das ciencias e Encontro acampa pola paz

Visita ao MUNCYT, Casa das ciencias e Encontro acampa pola paz

Visita ao MUNCYT, Casa das ciencias e Encontro acampa pola paz

Visita ao MUNCYT, Casa das ciencias e Encontro acampa pola paz

Visita a varias empresas

Visita a Pescanova 1

O alumnado de 1º do CM de Mantemento electromecánico e do curso AFD de Montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial, acompañados polos seu docentes Miguel Varela e Diego Carril, acudiron a visitar varias empresas en Arteixo, onde puideron facer visitas guiadas por varios departamentos das mesmas.

As empresas foron Aluman, Leyma e Pescanova

Visita a Aluman

Visita a Pescanova 2

Limpeza da praia da Concha de Cee

Limpeza da praia de Cee 1

O alumnado de 1º e de 2º da ESO do Fernando Blanco acompañados por algúns dos seus docentes e co asesoramento e indicacións da asociación Mar de Fábula, realizaron unha limpeza da praia da Concha de Cee. Previamente recibiron unha charla sobre a problemática do lixo plástico no mar e a continuación estiveron recollendo plásticos e outros refugallos que danan o ecosistema litoral.

Limpeza da praia de Cee 2

Visita ao CIS de Ferrol

CIS de Ferrol 1

42 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato do Fernando Blanco, acompañados de Cristina Ledo, Sofía Cendán e Sergio Carballo visitaron o CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol o pasado 25 de maio para participar nos talleres D’TEC “Mundos Virtuais e “Descubrindo Materiais”. O alumnado, divididos en dous grupos participaron alternativamente nos dous talleres.

O obradoiro de Mundos Virtuais ten a finalidade de achegar á mocidade tanto a actividade que desenvolve o CIS Tecnoloxía e Deseño como aproximalos á creación de contidos en realidade aumentada e realidade virtual. Durante o taller o alumnado experiementou de primeira man con  Dispositivos de VR como o Google cardboard o OculusRift. Ademáis, o alumnado participou na creación dun exemplo de mundo VR ou Iniciación a Cospaces así como na creación dunha contorna navegable.

CIS de Ferrol 2

No taller “Descubrindo os novos materiais”, a través dun conxunto de actividades, entre as que destacamos a elaboración manual dunha pelota saltarina usando un polisilicato de sodio, os rapaces mergulláronse no mundo dos novos materiais, descubrindo un campo de coñecemento de investigación que ten unha grande importancia pero é un descoñecido para gran parte da poboación.

Unha vez rematada a visita e antes de regresar a Cee, o alumnado visitou a praia de Cabanas onde puideron comer os bocatas que trouxeron da casa.

Excursión ás Illas Cíes

 

O alumnado que cursa Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato gañou un concurso de postais de Nadal, organizado pola Naviera Nabia, que consistía nunha viaxe ás Illas Cíes.

Este luns 16 de maio, a pesar do mal tempo, foron a realizar a visita acompañadas polas súas profesoras Montserrat Abella e Cristina Ledo. Partiron do porto de Moaña e unha vez nas Illas Cíes realizaron unha visita guiada.

Illas Cíes 1

Illas Cíes 2

Illas Cíes 3

Illas Cíes 4

 

FIELD DAY 2022

O pasado venres 13 de maio celebramos con todo o alumnado da ESO do Fernando Blanco un Field Day na praia de Quenxe en Corcubión. Esta foi unha iniciativa da nosa language assistant, Rebecca Blessing, que se encargou da organización xunto con profesorado e persoal non docente. Rebecca regresa a Estados Unidos o día 17, polo que esta saída tamén serviu para que o alumnado se despedise dela. 

Field Day é unha vella tradición nos Estados Unidos. Continúa hoxe en todo o país.  Field Days comezan na escola primaria e continúan tamén nas universidades.

Normalmente, na primavera ao final do curso, toda a escola reúnese para facer xogos competitivos fóra. Esta é una celebración para rematar o trimestre escolar, e moitas veces para o comezo do verán. Os gañadores das competicións do Field Day adoitan recibir o trofeo e presumir durante o resto do ano. Isto reflicte a idea do orgullo de clase dentro das escolas dos EEUU.

O noso alumnado dividiuse en 6 equipos que participaron en diversos xogos e deportes: tug of war, three-legged race, egg race, water ballon tag, voley ball e fútbol

Tamén houbo un descanso onde o alumnado puido tomar froita, bocadillos e auga. Finalmente limparon e recolleron deixando a praia limpa.

Podes ampliar as fotos clicando sobre elas.

Thank you so much Rebecca, we’ll miss you!

 

 Chegada a praia I Chegada a praia II

Field day I Field day II

Field day III Field day IV

 

VISITA A EL CORREO GALLEGO

Na entrada do xornal

O pasado luns 2 de maio, as docentes Rosalía e Lorena acompañaron ao alumnado de Francés de 2º da ESO a unha visita a El Correo Gallego, programada dentro do proxecto Eduemprende Atrévete a ter unha idea.

Na Alameda

 

A saída, que foi recibida con bo tempo, permitiu visitar os arredores de Santiago.

Noticia en ECG

VISITA A IGACIENCIA

Visita IGACIENCIA 26-04-2022

Alumnado de 3º e 4º da ESO, acompañados por Sofía Cendán e Germán Insua, docentes de Matemáticas do Fernando Blanco foron visitar a exposición Converxencias Arte e Ciencia 2022 que foi organizada por IGACIENCIA e polo Servizo Municipal de Educación do concello da Coruña e que está no Ágora.

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

 Visita IGACIENCIA 26-04-2022

SUBIDA Á MOA. 1º BACHARELATOS

O venres 12 de novembro o alumnado dos 1eiros. de Bacharelato subiu á Moa no Monte Pindo.

Aqui temos unha pequena memoria fotográfica deste fantástico día, neste precioso e emblemático espazo natural. 

Para ver as fotos fai clic AQUÍ 

Distribuir contido


by Dr. Radut