Skip to Content

VISITA A IGACIENCIA

Visita IGACIENCIA 26-04-2022

Alumnado de 3º e 4º da ESO, acompañados por Sofía Cendán e Germán Insua, docentes de Matemáticas do Fernando Blanco foron visitar a exposición Converxencias Arte e Ciencia 2022 que foi organizada por IGACIENCIA e polo Servizo Municipal de Educación do concello da Coruña e que está no Ágora.

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

 Visita IGACIENCIA 26-04-2022



page | by Dr. Radut