Xornada de convivencia e deporte en Restrelo
O mércores 21 de setembro o alumnado de 1º da ESO, acompañados pola súa titora Lorena e a súa profesora e profesor Silvia e Sergio, tiveron unha xornada de convivencia e exercicio físico aproveitando o bo tempo que vai estes días.
Saíron do instituto pola mañá e foron camiñando ata a praia de Restrelo en Sardiñeiro seguindo un tramo do Camiño de Santiago.
Unha vez na praia o alumnado participou en xogos e actividades físicas co obxectivo de promover a socialización e o achegamento entre o novo alumnado.