Visita ao CIS de Ferrol
42 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato do Fernando Blanco, acompañados de Cristina Ledo, Sofía Cendán e Sergio Carballo visitaron o CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol o pasado 25 de maio para participar nos talleres D’TEC “Mundos Virtuais e “Descubrindo Materiais”. O alumnado, divididos en dous grupos participaron alternativamente nos dous talleres.
O obradoiro de Mundos Virtuais ten a finalidade de achegar á mocidade tanto a actividade que desenvolve o CIS Tecnoloxía e Deseño como aproximalos á creación de contidos en realidade aumentada e realidade virtual. Durante o taller o alumnado experiementou de primeira man con Dispositivos de VR como o Google cardboard o OculusRift. Ademáis, o alumnado participou na creación dun exemplo de mundo VR ou Iniciación a Cospaces así como na creación dunha contorna navegable.
No taller “Descubrindo os novos materiais”, a través dun conxunto de actividades, entre as que destacamos a elaboración manual dunha pelota saltarina usando un polisilicato de sodio, os rapaces mergulláronse no mundo dos novos materiais, descubrindo un campo de coñecemento de investigación que ten unha grande importancia pero é un descoñecido para gran parte da poboación.
Unha vez rematada a visita e antes de regresar a Cee, o alumnado visitou a praia de Cabanas onde puideron comer os bocatas que trouxeron da casa.