Skip to Content

EXCURSIÓN ANDORRA

 

Hai uns días alumnado de 3º e 4º ESO regresou de pasar unha marabillosa semana en Andorra desfrutando dos deportes de neve grazas ao Dpto de Educación Física e Pedagoxía Terapéutica.                                                                                                       

 

 

    

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 dítanse as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado  que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais.

O alumnado susceptible de acreditar as súas competencias dixitais serían os que cursan 4º ESO e 2º bacharelato neste curso.

Unha vez titulados en 4ºESO este curso, o alumnado obtería o ComDix de nivel de iniciación. Para poder acreditar o nivel intermedio teñen opción de presentarse a unha proba inscribíndose no centro cubrindo o Anexo que se lle foi entregado.

O alumnado de 2º Bach que titule este curso acredita que ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. Para poder acreditar o dominio 4 e así obter o nivel intermedio ComDix, o alumnado de 2º bach poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. Igual ca no caso de 4º ESO, deben cubrir e entregar no centro o anexo que se lles foi entregado.

Marco Galego de Competencias Dixitais

Resolución do 28 de febreiro

Demo da proba

NOVOS CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL

FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA AGRANDAR

Un curso máis, o IES Fernando Blanco forma parte da Rede de Centros de Capacitación Dixital dependentes da Consellería de Educación. É por isto que vai ofrecer durante o mes de abril novos cursos de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos e colectivos vulnerables. 

As persoas destinatarias non poden estar cursando ningunha outra ensinanza regrada, ESA, bacharelato de adultos, EOI. Si serán candidatas e candidatos as persoas que cursen ensinanzas non regradas ou ensinanzas básicas iniciais.

A duración dos cursos é de 30 horas, serán impartidos previsiblemente os martes, mércores e xoves durante tres horas ao día de 16:00h a 19:00h.  O 2 de abril darán comezo. 

Para máis información chamar ao centro ou consultar no correo electrónico ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Unha vez rematado o curso e cumpridos os obxectivos certificarase que asistiu con aproveitamento ao curso de capacitación dixital cunha duración de 30 horas asociada a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de cualificacións profesionais (IFC748_2).

PRAZO DE INSCRICIÓN OU MATRÍCULA DENDE O MÉRCORES 6 de MARZO ATA O COMEZO DO CURSO O 2 DE ABRIL.

Folleto informativo

Información xeral

Impreso matrícula

 

Admisión de ESO e Bacharelato para o curso 2024-2025

O prazo para presentar as solicitudes de admisión de alumnado procedente de centros non adscritos ao IES Fernando Blanco comprende desde o 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

O impreso é o ED550B, que se pode presentar presencialmente, tamén se pode empregar a aplicación de "admisión alumnado".

Unha vez fechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 23 de xuño ao 8 de xullo para ESO e Bacharelato. Máis información.

ED550B (en galego)

ED550B (en castelán)

Impreso de elección de materias 1º ESO

Impreso de elección de materias 2º ESO

Impreso de elección de materias 3º ESO

Impreso de elección de materias 4º ESO

Impreso de elección de materias 1º bacharelato

Impreso de elección de materias 2º bacharelato

FORMACIÓN TRABALLOS EN ALTURA

O pasado xoves 22 de febreiro, alumnado de 2º de FP Básica e Ciclo Medio da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica recibiron unha formación en traballos en altura.

 

ALÉN DO FERNANDO BLANCO. D. JOSÉ ANTONIO RIVEIRO ( Director da ONCE Santiago de Compostela e ex-alumno)

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Fernando Blanco. Trátase de José Antonio Riveiro, ex-alumno do noso instituto e actualmente Director da ONCE en Santiago de Compostela dentro das charlas Alén do Fernando que se están a desenvolver no noso centro dende hai xa varios cursos académicos.

Nesta ocasión José Antonio charlou co noso alumnado de Bacharelato de Ciencias Sociais e dos Ciclos da Familia Profesional de Administración e Xestión dado que foi nestas etapas nas que Jose Antonio formou parte da nosa comunidade educativa,  compartindo con eles/as a súa experiencia tanto académica e profesional antes e despois do seu paso polo noso centro.

Moitas grazas pola túa atención José Antonio.

CHARLA- " A responsabilidade penal dos menores de idade" Poñente. D. Alberto Nodar. (Xuíz de menores e Avogado especialista en menores e violencia de xénero.)

O vindeiro xoves día 22 de febreiro no noso centro tivo lugar unha charla que despertou gran interés tanto no noso alumnado de 4º da ESO e 1º Bacharelato como de ciclos de FP Básica e 1º dos ciclos Medio das nosas familias profesionais, " A responsabilidade Penal nos menores de ideade" que correou a cargo do xuíz D. Alberto Nodar, especialista en violencia de xénero e menores de idade.

O alumnado obtivo información e formación de primeira man sobre as conductas que son susceptibles de responsabilidade penal nos menores de idade e poideron despexar dúbidas que xurden no tocante a esta materia.

Agradecer inmensamente a labor feita por D. Alberto Nodar e ao docente Manuel Magariños impulsor de dita actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut