II DÍA DA CIENCIA NA RÚA. CLUB DE CIENCIA
Un curso máis o Club de Ciencia do IES Fernando Blanco organizou con gran éxito o Día da Ciencia na rúa. Unha xornada onde foron presentados unha treintena de experimentos científicos.
Na convocatoria do pasado mércores 29 de maio alumnado e docentes de diferentes centros educativos da contorna ( IES Agra de Raíces, CPR Manuela Rial Mouzo, IES Fin do Camiño, IES Ramón Caamaño, IES Lamas de Castelo e IES Fernando Blanco) foron presentando por grupos os seus proxectos aos visitantes que se ían acercando ao pavillón de deportes do Concello de Cee.
Entre os proxectos atópase un simulador de ascensor, unha máquina que resolve sudokus, un panel de neumática, como funcionan algúns elementos dun coche, un levitador ultrasónico, experimentos de magnetismo, óptica e mecánica, un rosco científico, a creación dun reloxio de sol, un obradoiro de instrumentos musicais, un obradoiro de cosméticos naturais, creación de “pasta de dentes de elefante”, enganos que podemos atopar sobre o contido de amidón en alimentos, experiencias con termoeléctricos, unha maqueta dunha célula, diversos proxectos de tecnoloxía, diversos xogos matemáticos, que é unha braquistócrona, medidas de pH, experiencias que teñen que ver ca densidade, ca tensión supercial dos líqudos entroutras actividades máis.
Parabéns a todas/os os partipantes.