Skip to Content

SAMAÍN NO FARO DAS LÚAS

O vindeiro mércores 30 de outubro durante todo o día, celebraremos o Samaín, unha festividade de orixe celta moi arraigada en Galicia. Haberá actividades variadas e moitos disfraces aterradores. Animamos a todo o alumnado a participar!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro de 2024), realizarase próximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida de todos os sectores educativos do centro.


A organización e a supervisión do procedemento de eleccións dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

    A directora do centro.

    Un/unha profesor/a.

    Un pai/nai/titor legal.

    Un/unha alumno/a.

    Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 e abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 18 de outubro. ás 9:30, no hall.

 
Aqueles membros da comunidade que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamante se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

                                                  Imaxe de JK_HGZ en Pixabay

 

VISITA DE 3º ESO A PONTEVEDRA

Este martes 15 de outubro, o alumnado de 3º ESO foise de visita a Pontevedra para asistir a unha conferencia impartida polo prestixioso psicólogo clínico Arun Mansukhani na Sede Afundación. Enmarcada no ciclo Educación S.XXI, a charla versou sobre sexualidade e relacións non tóxicas, resaltando a importancia da educación emocional para a nosa saúde mental.

Ademais, houbo tempo para unha visita guiada polo Museo de Pontevedra para coñecer mellor parte do noso patrimonio cultural.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CHARLAS SOBRE CONDUTAS INFRACTORAS E ACOSO ESCOLAR

Hoxe no noso centro tivemos unhas interesantísimas charlas para o alumnado de 2º e 4º de ESO. Froito da colaboración entre a Fundación Barrié e a Asociación Arela, o Programa Ktorce18 leva uns anos desenvolvendo os seguintes obradoiros:

Obradoiros co obxectivo de previr as condutas infractoras máis salientables na adolescencia, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, as pelexas e lesións, as ameazas, o maltrato familiar, o consentimento nas relacións, ... e en todos aqueles temas e situacións
que viven de cerca os e as adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade das persoas menores de idade nas mesmas.


▪ Charla-obradoiro de sensibilización fronte ó acoso escolar e o maltrato que ás veces pode darse nas aulas. O obxectivo é identificar posibles situacións de risco na aula e proporcionar ferramentas para que esas situacións de risco non desemboquen en situacións de acoso escolar.

Sen dúbida, o noso alumnado tivo a oportunidade de aproveitar valiosas ensinanzas para o seu día a día.

ACTIVIDADES QUE SE FAN NO CENTRO: EXPERIMENTANDO NA CLASE

Na clase de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º ESO, guiado pola súa profesora Nadia, realizou un experimento para poder comprender mellor o proceso de formación da xeosfera, a capa da Terra que están estudando. O experimento traballa con líquidos inmiscibles que, independentemente da orde na que foron botados, se reordenan na columna en base as súas densidades. Deste xeito, sabemos que o líquido verde do fondo é o máis denso, mentres que o queda na capa superior é o que ten menor densidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut