Skip to Content

VISITA A PORTO DE 3º ESO

A rapazada de 3º vén de pasar dous días no Porto! Acompañados por Fátima Rodríguez e Raquel Fernández, do EDLG do noso centro, os viaxeiros viviron unha aventura inesquecible e enriquecedora. Convivencia, inclusión, cultura, lingua, gastronomía, amizade, empatía, ilusión... Cantas experiencias positivas caben nunha viaxe!

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Hoxe o alumnado de 4° tivo a honra de recibir a Manuel Núñez Singala, autor de "Atranco no banco", a divertida comedia que acaban de ler e da que o escritor en persoa lles viu dar máis detalles. O autor lugués é un dos favoritos do público infantil e xuvenil galego, sendo gañador do Premio dos Clubs de Lectura 2023. Na súa páxina web podedes ver todos os seus libros: https://www.singala.eu/

PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2024

O Departamento de Matemáticas vén de conceder os premios 2024 ás mellores fotografías matemáticas:

O 1º Premio está dotado con 10€ e 5 puntos para o Faroviaxa

O 2º Premio está dotado con 5€ e 3 puntos para o Faroviaxa

O 3º Premio está dotado con 3€ e 2 puntos para o Faroviaxa

Queredes coñecer aos gañadores? Atent@s ao vídeo!

TORNEO EU SAÚDE

Os mozos e mozas de 4° veñen de participar no Torneo Eu Saúde, organizado pola Fundación contra o narcotráfico galego. Unha estupenda xornada de convivencia e concienciación co deporte e saúde como exemplos de vida.

 
 
 
 
 
 

CHARLAS SOBRE SAÚDE MENTAL

A Fundación Amigos de Galicia estivo no noso centro impartindo unhas charlas sobre saúde mental ao alumnado de 1º e 2º enmarcadas nos Programas de Intervención en Centros Educativos. 

 
 

ROTEIRO DE ASOREY EN CAMBADOS. DÍAS DAS ARTES GALEGAS 2024.

O alumnado de 3º achegouse ata Cambados a pasada semana para realizar un roteiro pola vila na que naceu o escultor Asorey. Percorreron Cambados oa privilexiada guía de Maribel Iglesias, historiadora e profesora de Historia no IES Asorey, e tiveron a oportunidade de aprender sobre a vida e obra do gran escultor cambadés.

[Preme aquí para ver o álbum de fotos da saída]

 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut