Skip to Content

EQUIPO DE MEDIACIÓN

Xa temos ao noso equipo de mediación para o curso que vén! Despois dunhas ben aproveitadas sesións de formación impartidas por Jennifer Herbón, psicóloga e mediadora, fundadora do proxecto Convive +

Parabéns a Iria, Bahía, Rocío, Íker S, Martín, Mateo F e Alejandro de 1º ESO; Silvia, Héctor, Lara e Abel de 2ºESO; e a Lucía O. e Paula de 3º ESO.

 

 

 

 
 

VISITA A SANTIAGO POLO DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024

Este ano o Día das Artes Galegas (1 de abril) estivo dedicado ao escultor cambadés Asorey. Con este motivo, o alumnado de 1° e 2° achegouse ata Santiago co fin de realizar un roteiro para coñecer algunhas das súas esculturas máis emblemáticas coa guía de Mercedes Espiño. Tamén houbo tempo para comer nas Cancelas, visitar o Panteón de Galegos Ilustres, o Mupega e o Auditorio de Galicia. Neste último edificio puideron ver a mostra "#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega", unha exposición que percorre a obra das artistas da novela gráfica en Galicia.

 [Podedes ver as fotos da saída neste álbum]

BOLSAS EUROLINGUA PARA IR A IRLANDA

Aberto o prazo (ata o 21 de abril) para solicitar as bolsas Eurolingua para realizar un curso de inglés en Irlanda. Preme na imaxe para acceder á web onde facer a solicitude e informarte de todos os requisitos. Tamén podes facelo na seguinte ligazón:

                                       becaseurolingua.com

 

Os requisitos para solicitala son, entre outros, ...

  • Ter nacido antes do 31 de decembro de 2009
  • Ter unha media académica igual ou superior a 6 no curso anterior

Descarga aquí os documentos con máis información sobre as bolsas: 

1. Folleto 

2. Estancia en Dublín

3. Estancia en Derry

4. Documento compilatorio dos requisitos

 

PARABÉNS A MANUEL E A FRAN!

Os nosos compañeiros Manuel Noya e Fran Arenas foron seleccionados para formar parte dun proxecto Erasmus en Rumanía! Despois da súa participacións nos Encontros mozos auspiciados pola asociación Arousa Moza, foronelixidos, xunto con outr@s moz@s de Arousa, para representar á mocidade de Vilanova formando parte deste proxecto Erasmus chamado FYOUFUTURE GROWTH. Así que alá se nos van, a Brasov, Rumanía, xunto con outros mozos e mozas de Italia e Rumanía. Será unha oportunidade fantástica de aprender, coñecer un novo país, facer novos amigos e practicar moooito inglés!
Parabéns, rapaces, e pasádeo en grande! Moitas grazas a @arousamoza pola iniciativa e por contar co alumnado do IES Faro das Lúas.

CELEBRACIÓN DO 1º TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS

O pasado 21 de marzo os nosos veciños do IES A Basella organizaron o 1º Torneo de Xadrez Intercentros. Agradecemos desde aquí o xeneroso acollemento e trasladamos os nosos parabéns a todos os participantes de ambos centros.

[Aquí podedes acceder ao álbum de fotos do torneo]

BOLSAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 24-25

Xa podes solicitar a bolsa de estudos se vas cursar Bacharelato ou un Grao de FP o próximo curso.

  • Cando podes solicitala? Do 19 de marzo ata o 10 de maio (ás 15:00 horas)

                                Paso 2: Rexístrate

                                Paso 3: Enche o formulario

  • Que requisitos me piden? Preme aquí para consultalos requisitos  académicos e económicos
  • A que me comprometo se me dan unha bolsa de estudos? Consulta aquí cales son as túas obrigas.

 

Se queres solicitala e tes algunha dúbida ou precisas axuda, non dubides en preguntar en Secretaría ou en Orientación.

Accede a toda a información dispoñible na web do Ministerio premendo na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut