Skip to Content

Titoría entre iguais

Traballando as emocións co EMOTEI

Actividade de cohesión no programa de titorización entre iguais. 

Como todos os meses, na última sesión de titoría, o alumnado-titor de 3º de ESO e o alumnado titorizado de 1º de ESO pasaron unha sesión moi divertida e dinámica co xogo de emocións “EMOTEI”, na cal puxeron a proba as súas aptitudes como cantantes, debuxantes, comunicadores e amosando moi boa actitude e participación grupal.

 

 

RUTA DO CARREIRÓN. TEI

O venres 28 de setembro os/as  alumnos/as de 1º e 3º de ESO fixeron a ruta do Carreirón ( na Illa de Arousa). Esta actividade se encadra dentro do programa de Titoría entre iguais. A pesar de que na primeira parte do percorrido tivemos algo de néboa puidemos disfrutar dun día soleado e con boa temperatura.  Na parte final tivemos un pequeno despiste posto que nun dos cruces despistámonos e tivemos que retroceder. Os/as alumnos/as tiñan que cubrir por parellas compostas do titor-titorizado unha ficha con preguntas que se podían resolver durante a camiñata. 

Os profesores acompañantes foron: Adolfo Barcía, Marta Cobas,Begoña Ferreiro e Mónica Vélez.

 

 

Ruta ao Carreirón

 

 

 

O día 25 de outubro levamos a cabo a primeira actividade de cohesión encadrada dentro do programa TEI do curso 2017-18. Aínda que nun primeiro momento estaba prevista a Ruta da Pedra a da Auga, tivemos que cambiala pola ruta cara o Carreirón. Saímos do centro unha vez foron repartidas as follas de actividades que as parellas titor/a-titorizada/o tiñan que facer durante o percorrido.

A verdade foi que tivemos un día estupendo de ceo casi despexado e unha temperatura bastante elevada para a época do ano. A ruta fixémola con varias paradas para poder cubrir a ficha, para poder unir ao grupo e para ir descansando pouco a pouco.

Cando chegamos ao parque Natural do Carreirón e despois de facer as fotos oficiais, fixemos unha parada para repoñer enerxía e para ter un rato de xogo, despois do cal emprendimos a marcha cara ó instituto.

Os profesores acompañantes foron: Ana Rodríguez Fernández, Belén Rodriguez Silva, Juan Sánchez Freiría e Mónica Vélez Tena. Ademais durante a parada para a merenda veu a visitarnos Marta Cobas Martínez para ver como se desenvolvera a actividade ata ese momento.

 Todas as fotos da ruta na galería

EMOTEI

Aquí tendes o xogo do EMOTEI, un xogo de emocións que se creou para realizar unha actividade de cohesión dentro do programa de titoría entre iguais.

Entrega diplomas TEI (titoría entre iguais)

O día 19 de setembro as 16:30 horas comezou no ximnasio do instituto a entrega de diplomas dos alumnos/as titores de 3º e a asignación dos seus titorandos de 1º. Previamente o venres recibiron unha sesión informativa sobre o programa TEI ( programa que implantamos no centro o curso pasado, e que pretende ser unha ferramenta máis para facilitar a incorporación ó instituto ós alumnos/as de 1º da ESO). Durante o luns 18 os alumnos/as de 3º recibiron unha sesión de formación e despois da mesma saíron os alumnos/as que querían desenvolver as funcións de titores durante este curso escolar. Este ano todos os alumnos/as quixeron ser titores.

Ademais da entrega de diplomas tamén se lles entregou unha ficha que tiñan que cubrir cos seus titorandos para empezar a coñecerse un pouco mellor.

Esta é a primeira actividade das moitas que se van a desenvolver dentro do programa TEI.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut