Skip to Content

Implantación do programa de utilización de libros dixitais (EDIXGAL) en 1º de ESO e 2º da ESO no curso 2018/19

No curso 2018/19  temos a novidade de implantar en 1º de ESO (xa implantado no curso 201//19) e 2º de ESO  un   proxecto experimental de educación dixital,  que trata de proporcionar aos centros educativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias de 1º e 2º de ESO de educación secundaria, para isto dispoñerán do apoio da Administración en forma de provisión de materiais e libros dixitais, así como unha contorna virtual de aprendizaxe que permita desenvolver todo o potencial e dea soporte ao proxecto.

O alumnado de 1º e 2º  de ESO non  terá libros de texto e usará unha contorna virtual de aprendizaxe, contando cun dispositivo persoal (ordenador) ó longo do curso de forma gratuíta. Faremos unha renión  nas primeiras semanas do curso cos pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO para explicar o proxecto.

edixgal

Premio IV Concurso de Traballos por Proxectos (Bibliotecas Escolares) :Buscando a Valle

A Comunidade Educativa do IES Faro das Lúas recibiu con gran ledicia outro recoñecemento máis polo proxecto “Buscando a Valle”, esta vez  no da Xunta de Galicia., onde tivemos un premio na categoría de traballos por proxectos documentais integrados coordinados pola biblioteca.

 http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_tpp.pdf

AComunidade educativa (alumnado, profesorado e pais e nais)  nos sentimos orgullosos do traballo realizado por todos e todas e  utilizaremos  esta enerxía extra  para traballar con máis intensidade, se cabe, no proxecto deste ano “Vilanova e mar” e continuar axudando a ese equipo de biblioteca, que nos lidera con tanto éxito en proxectos que melloran o aprendizaxe do noso alumnado.

 Grazas polo recoñecemento e parabéns ó resto de premiados!

 

 

 

 

 

 

 

Fondo solidario de libros e Axudas para a adquisición de material escolar

 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou  a Orde que regula o fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de ESO)  e axudas para a adquisición de material escolar (todos os cursos).

Os pais/nais titores/as interesados deberán:

- Presentar unha solicitude única para todas as axudas con data límite de presentación do 22 de xuño.

- É imprescindible para a concesión da axuda entregar nos últimos días de clase os libros de texto deste ano académico en bo estado. De non facelo a solicitude estaría excluída.

  -  Para a comprobación dos datos da unidade familiar será necesario entregar copia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar, e no seu caso sentenza xudicial de separación  ou divorcio ou certificado de convivencia (expídese no Concello).

Podedes consultar a orde do DOG nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf

A instancia-solicitude podedes recollela na administración do centro ou ben cubrila por internet nesta ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Distribuir contido


by Dr. Radut