A Semana da Ciencia tivo estes días todo o protagonismo no Faro das Lúas. Alumnado voluntario de 3º e 4º organizou unha Feira da Ciencia chamada Interciénciate en Vilanova e, exercendo de monitores dos seus compañeiros, foron explicando e amosando os fundamentos científicos que hai detrás de experimentos coma a serpe do faraón, o arco da vella químico, a pasta de dentes para elefantes, a botella que fuma ou o concurso da moeda. Ademais, recibimos a visita dos nosos veciños do IES A Basella, que viñeron coñecer de primeira man o traballo feito no noso instituto.(Preme no cartel para ver as fotos de Interciénciate no Faro das Lúas). Uns días despois, fomos nós a ver os experimentos na Basella (preme aquí para ver as imaxes da nosa visita)
Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía Social na USC e experto nas adiccións dos mozos e mozas, ven de estar no noso centro o pasado xoves 14. Nunha distentida charla, o profesor advertiunos dos grandes riscos que están a correr os adolescentes se adican todo o seu tempo de ocio aos vídeoxogos, a miúdo con contidos violentos. Fai un chamamento á comunidade educativa en xeral para que non banalicemos o consumo de vídeoxogos e de Internet, e para que prestemos atención especial á introdución dos adolescentes no mundo das apostas online.
Este martes 12 de novembro celebramos o tradicional Magosto. Houbo xogos e diversión para todos e acompañounos o típico castañeiro coa súa locomotora chea de castañas asadas. O magosto é unha celebración de orixe celta que está moi arraigada na nosa cultura. Continuemos coa tradición!
O vindeiro xoves 14 de novembro ás 19:30 contaremos coa presenza do prestixioso Profesor da USC Antonio Rial Boubeta para falarnos dunha problemática moi recente: A adicción aos videoxogos e ás apostas deportivas online. A charla vai dirixida ás familias do noso alumnado e a todas aquelas familias da contorna que estean interesadas en dita temática.
O noso alumnado de 4ºESO, acompañado do seu profesor de Lingua Catelá e Literatura Manuel Radío, achegouse o pasado 25 de outubro ata a Casa- Museo de Valle Inclán para conmemorar a data do seu nacemento. Xuntos participaron nunha lectura compartida dalgúns dos seus inmortais textos.