Ábrese o prazo de solicitude de reserva de praza nos centros públicos, que será do 1 ao 20 de marzo. Tedes toda a información e axuda na secretaría do centro e tamén no departamento de Orientación. Para acceder á aplicación que xestiona as solicitudes só tedes que premer na imaxe:
Un ano máis, o noso alumnado deuno todo para celebrar o entroido. Houbo concurso de ambientacion de aulas e tamén de coplas. Que quen foron os gañadores? Pois a verdade, iso é o de menos (o 1º de premio de ambientación foi para os de 3ºB e o de coplas, para os de 2ºB). O que importa é o que gozaron ideando, organizando, creando, ensaiando, colaborando... Traballando en equipo para que todo saíra ben. Queredes ver todas as fotos? Pois premede na seguinte imaxe:
Ademais, deixámosvos un vídeo de compilación de todas as performances das distintas aulas. Unha pequena mostra da creatividade dos nosos rapaces e rapazas.
O día 24 de febreiro celébrase un día importante para a lingua, a literatura e en xeral para a cultura galega. Festexamos o día da muller que fixo rexurdir coa súa poesía o noso idioma, dándolle o estatus que perdera durante os Séculos Escuros. Rosalía de Castro é a figura por excelencia do Rexurdimento, este inaugúrase coa publicación de Cantares gallegos (1863), un libro reivindicativo no que a autora pretende defender e prestixiar a nosa lingua e o noso pobo fronte aos que o aldraxan.
Aínda que esta festa cadrará nas vacacións de Entroido, para renderlle a nosa particular homenaxe, preparamos unha “playlist” con composicións versionadas por distintos artistas e grupos musicais. Esperamos que vos guste!
Como cada ano, o EDLG do noso centro participou no concurso de adhesivos promovido pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés. A continuación podedes ver algúns dos traballos seleccionados. Grazas aos e ás participantes pola vontade e o esforzo!
E tivemos a sorte de traer para o Faro das Lúas o2º Premio na categoría de 1º e 2º da ESO! Aquí temos o deseño elixido:
Queredes saber quen foi a afortunada gañadora? Pois premede para a foto.