Skip to Content

Novas datas para a celebración das Probas de Acceso a Ciclos

Publicadas o novo calendario das probas de acceso a grao medio e grao superior. Preme aquí para acceder á información publicada na web da Consellería. E PREME NA IMAXE para ver as novas datas das probas:

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obriga

Con data de hoxe sairon publicadas no DOG as instruccións para as axudas do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21

Reapertura do prazo de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

 Seguindo as instruccións publicadas onte no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes, ambos incluidos.

A partir do luns 11 de maio no centro haberá un membro do equipo directivo en horario de 09:00 a 14:30 horas. Recordamos que poden poñerse en contacto co centro no número do mesmo 886159230.

Para evitar que se xunte un número alto de persoas que veñan a traer a documentación para o proceso de admisión recoméndase chamar previamente para concertar cita. O horario de atención ás solicitudes de admisión será de 10:00 a 13:00 horas.

Aviso sobre as modificacións das Programacións Didácticas.

Estimadas familias entendemos a preocupación que tedes e que teñen os vos@s fill@s de cara a avaliación final de xuño. Por este motivo queremos comunicar que cada departamento do Centro está a redactar as modificacións das programacións didácticas para adaptarse ás novas circunstancias seguindo as instruccións dadas dende a Consellería. Estas modificacións teñen que estar listas para o 12 de maio  ser entregadas e aprobadas por inspección educativa. Ditas modificacións serán colgadas na páxina web do centro nos distintos departamentos e se transmitirán ao alumnado para que saiba o que ten que facer para acadar o aprobado en cada materia.

Dende o IES Faro das Lúas insistimos na necesidade de que @s alumn@s sigan traballando e  presentando as tarefas que en cada materia se lle envíen.

Un saúdo.

O Equipo de profesores do IES Faro das Lúas.

TAREFAS SEMANAIS POR CURSO

Preme na imaxe para acceder ás tarefas semanais do teu curso

  Titorial con instrucións para acceder:

E ti, por que les?

O EDLG do IES Faro das Lúas pedíu ao profesorado, alumnado e persoal non docente que explicásemos o que siginifican os libros para nós. Aquí vai o resultado:

Distribuir contido


by Dr. Radut