O alumnado de 4º ESO atrévese con todo! Adaptaron á televisión o tema de literatura sobre a narrativa galega de posguerra. Aquí tedes un dos vídeos que elaboraron Alicia, Dani, Diego e Carmen: "Desmontando o galego"
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase á poeta Xela Arias, poeta, tradutora e profesora. O alumnado de 1º ESO, axudado pola profesora Irene Santos, creou un Pasapalabra para conmemorar a Xela Arias e a súa obra.
Presentámosvos este estupendo traballo realizado polo EDLG. Coordinados pola profesora Irene Santos, os rapaces e rapazas de 1ºA lévanos ás orixes desta festa chamada Entroido, e propóñennos un divertido reto: Canto sabemos do Entroido? Animádevos a xogar!
Aquí vos deixamos os desexos de todo o alumnado do IES Faro das Lúas para este Nadal e para o 2021. Unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Galega, coordinado pola profesora Irene Santos, e o equipo da Biblioteca.
No DOG de hoxe, mércores 28 de outubro, aparece publicada a Resolución do 22 de outubro pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares como consecuencia do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia.
Sentimos a interrupción do proceso e continuaremos informando cando se reanude o mesmo.