Skip to Content

COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA 2021

XORNADA LECTIVA DO 22 DE DECEMBRO

 

Informamos de que o vindeiro martes, 22 de decembro, será o último día de clase do

trimestre e a xornada desenvolverase co seu horario habitual: de 9:00 a 14:30 h á

mañá e de 16:30 a 18:10 h á tarde, sendo obrigatoria a asistencia ás clases coma

sempre.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DE MÁSCARAS Ó ALUMNADO

Informamos de que entre os días 21 e 22 de decembro procederase á entrega de máscaras ó

alumnado que lle corresponde de acordo coa orde do 6 de novembro de 2020 pola cal se regulan

os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en

educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes público

dependentes da Consellería de Educación. As características do material de protección que se

entregará son as seguintes:

- Pack de cinco máscaras hixiénicas cun ciclo de 25 lavados cada unha delas (130 días de protección).

Con isto quedarían cubertos todos os días lectivos que restan de aquí a fin de curso.

 

 

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO.

O alumnado de 1º ESO celebra o Mes da Ciencia en Galego traballando as súas destrezas científicas. No proxecto interdisciplinar "O COVID, un desafío", estudaron o virus causante da pandemia actual e empregaron o método científico para entender a importancia de adoptar as medidas de prevención axeitadas. Van camiño de convertirse nuns auténticos científicos e científicas!

25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Sempre concienciados e concienciadas contra a violencia de xénero. Lembramos hoxe os actos do curso pasado.

Distribuir contido


by Dr. Radut