Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA

Este ano procederase á renovación do Consello Escolar. A organización e supervisión do procedemento de eleccións dos membros do Consello Escolar será función da Xunta Electoral. Para constituir a citada Xunta Electoral, o 16 de outubro, ás 11:30 no centro , realizarase un sorteo público no centro. Para velar pola legalidade do mesmo, dúas alumnas do actual Consello Escolar estarán presentes polo que non é preciso que acudan as familias. 

Nos próximos días informaremos ás familias sobre o resto do procedemento.

Un saúdo

 

O Equipo directivo do IES Faro das Lúas 

DATAS DE REUNIÓNS COAS FAMILIAS

 

Estimadas familias. Este curso as reunións informativas ás familias terán lugar en diferentes datas e de forma graduada:

 

1. As reunións terán lugar na aula de referencia do alumnado e a entrada farase pola porta principal.

 

2. Só se permitirá a entrada dun proxenitor/titor legal por alumno/a, agás no caso de custodias compartidas. Neste último caso, será preciso comunicar ó centro con anterioridade, vía e-mail, a asistencia de cada unha das partes. O motivo de dita comunicación é o control de aforo no centro.

 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

Recordamos ás familias as datas de comezo de curso:

23 DE SETEMBRO 1º  ESO e 2º ESO
24 DE SETEMBRO 3º ESO
25 DE SETEMBRO 4º ESO

A hora de comezo serán as 09:00h

Nesta páxina web, na esquina superior dereita no apartado " ESPAZO COVID: INFORMACIÓN" encóntrase recollida información de interese para as familias.

FONDO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL PARA O CURSO 2020/2021

Informamos de que están publicadas as listaxes definitivas de axuda de material e fondo de libros para o curso 2020-2021.

  • Os vales de material xa se poden recoller no instituto, nas datas abaixo indicadas en horario de 09:00 a 14:00. Para evitar aglomeracións:

              - O xoves 17 de setembro poderán acudir ao centro as familias de

                   1º e 2º de ESO

                - O venres 18 de setembro poderán acudir ao centro as familias de

                   3º e 4º de ESO

  • Lembramos que só se entregará o vale á persoa solicitante da axuda ou á persoa autorizada pola mesma, para o cal deberá presentar unha autorización por escrito, o seu DNI e a copia do DNI da persoa solicitante.

NOVAS DATAS DE COMEZO DE CURSO

 

 

Todos os cursos comenzarán en horario normal de 09:00 a 14:30h. 

 

  • Estamos traballando para comezar nestas datas con todas as medidas de seguridade segundo as instrucións do "Protocolo de adaptación ao contexto Covid 19" que a Consellería enviou aos centros educativosToda a información de interese para as familias estará publicada  nos próximos días no apartado da  páxina web,  Espazo Covid: información"

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2020

Adxuntamos o calendario coas datas dos exames de setembro.Para consultar día e hora de cada exame, prema na imaxe para ver e descargar o calendario:

Distribuir contido


by Dr. Radut