O noso alumnado de 4ºESO asistiu a dúas charlas sobre hábitos de vida saudable impartida polo persoal sanitario do centro de saúde de Vilanova, nas cales se trataron tema de especial importancia para os nosos adolescentes. Na primeira sesión fixeron fincapé na necesidade de ter uns bos hábitos alimenticios (seguir unha dieta equilibrada, practicar actividade física ... ) e unha sexualidade segura e sen riscos.
Na segunda sesión, impartida hoxe, abordaron o tema das adiccións a substancias como o alcohol, tabaco, hachís e outras drogas e a súa repercusión na saúde física e mental.
Para finalizar, resaltaron a incidencia que están tendo as adiccións aos videoxogos e ás apostas online, potenciado o seu consumo nesta etapa Covid.