Skip to Content

O RETO DO ENTROIDO

Presentámosvos este estupendo traballo realizado polo EDLG. Coordinados pola profesora Irene Santos, os rapaces e rapazas de 1ºA lévanos ás orixes desta festa chamada Entroido, e propóñennos un divertido reto: Canto sabemos do Entroido? Animádevos a xogar!

OS NOSOS DESEXOS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos os desexos de todo o alumnado do IES Faro das Lúas para este Nadal e para o 2021. Unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Galega, coordinado pola profesora Irene Santos, e o equipo da Biblioteca.

ADIAMENTO DOS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

No DOG de hoxe, mércores 28 de outubro, aparece publicada a Resolución do 22 de outubro pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares como consecuencia do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia.

Sentimos a interrupción do proceso e continuaremos informando cando se reanude o mesmo.

 

AS DATAS DE COMEZO DE CURSO ADIADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AOS DÍAS 23, 24 e 25

Publicaremos nos próximos días as datas exactas de incorporación ás clases de cada curso.

DATAS DE MATRÍCULA SETEMBRO 2020

A matrícula poderá formalizarse en horario de 09:00 a 14:00 na secretaría do centro.

 

O impreso de matrícula de 1º ESO está dispoñible na secretaría do centro e pódese descargar premendo AQUÍ.

O impreso de matrícula para 2º, 3º e 4º  ESO está dispoñible na secretaría do centro onde pode ser recollido polo alumnado durante os días 1 e 2 cando asisten ao centro para a realización dos exames.


Recordamos que é OBRIGATORIO O USO DA "MASCARILLA" dentro do centro así como respectar as medidas de seguridade.

 

ENTREGA DE NOTAS 2020

* Recordamos que é obrigatorio o uso de máscara (mascarilla) dentro do centro así como respectar as normas e a distancia de seguridade.

*Ao longo do horario indicado o alumnado terá que asistir ao centro para a entrega de notas así como para devolución de material. O alumnado agardará formando unha fila no patio exterior e entrarán no centro de un. Terán que dirixirse primeiro á aula de referencia para a entrega de notas e despois realizarán a devolución de material.

Recordamos a obrigatoriedade de devolver:

* Os acordos de devolución dos ordenadores poden ser recollidos: polo alumnado en conserxería no momento de acudir ao centro para a realización dos exames ou polas familias o xoves 3 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut