Estimadas familias. Este curso as reunións informativas ás familias terán lugar en diferentes datas e de forma graduada:
1. As reunións terán lugar na aula de referencia do alumnado e a entrada farase pola porta principal.
2. Só se permitirá a entrada dun proxenitor/titor legal por alumno/a, agás no caso de custodias compartidas. Neste último caso, será preciso comunicar ó centro con anterioridade, vía e-mail, a asistencia de cada unha das partes. O motivo de dita comunicación é o control de aforo no centro.