Skip to Content

LISTAXES ASIGNACIÓN DE PRAZAS NO IES FARO DAS LÚAS

INFORMAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA DE 1º ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022 FORON ACEPTADAS.

A LISTAXE CO NOME DO ALUMNADO ESTÁ EXPOSTA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO IES FARO DAS LÚAS E SERÁ COMUNICADA AOS CENTROS DE ORIXE.

NO CASO DE QUE AS FAMILIAS DESEXEN CONFIRMAR CO CENTRO A RESERVA DE PRAZA, ROGAMOS SE FAGA VÍA TELEFÓNICA NO 886159230. DEBERÁN INDICAR Nº DE SOLICITUDE OU DNI DUN DOS RESPONSABLES DO MENOR.

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 20-21

Informamos sobre as probas de acceso a ciclos medios formativos medios e superiores:

XOGOS ALXEBRAICOS DE 2º ESO

O alumnado de 2ºESO creou xogos utilizando as expresións alxebraicas por iniciativa da súa profesora Irene Paradela. O resultado amosámolo neste Genially:

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIDADE NA RÍA DE AROUSA

Os rapaces e rapazas de 1º ESO asistiron abraiados á crónica dunha invasión. Como o oes: Juan E. Trigo, membro do GEMM Galicia (Grupo de Investigación do Medio Mariño de Galicia) contounos que a nosa Ría está sendo invadida por bichos raros. Especies exóticas que veñen doutros océanos e mares e poñen en perigo ás ameixas, vieiras e mexillóns autóctonos. Que podemos facer?

Deixamos aquí algunhas imaxes da interesantísima videoconferencia (preme para velas todas). Tamén podedes acceder ao vídeo da charla completa premendo aquí.

GAÑADORES DO CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO VIRTUAL 2021

Este ano non puidemos celebrar o entroido como nos gustaría, así que tivemos que adaptarnos ás circunstancias. Houbo entroido virtual e estes foron os gañadores do noso concurso: 1ºA e 3º A. Os premiados gañaron unha merendola da que gozarán moi pronto. Aquí vos deixamos os vídeos dos dous grupos vencedores:

 

 

11F DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

No IES Faro das Lúas homenaxeamos a todas as científicas do pasado e ás do presente. Invitámosvos a ver este gran traballo de visibilización das mulleres da ciencia feito polos alumnos e e alumnas de 1º ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut