Skip to Content

SOLICITUDE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Informamos ás familias que o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para material escolar para o curso 2021-2022 remata o día 22 de xuño de 2021.

Dado que o vindeiro curso o centro ampliará a participación no programa E-dixgal a 3º e 4º da ESO, o noso  centro queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.

Para a realización de solicitudes de forma presencial: 

- Os anexos poden ser recollidos polo alumnado na administración do centro ou poden ser descargados aquí.

 -Rogamos que a documentación se leva xa cuberta ao centro e preferentemente  en horario de 09:00h a 11:00h. 

Para facer a solicitude de forma telemática  prema aquí.

Para máis información poden consultar a orde publicada 

Calquera dúbida rogamos se poñan en contacto telefónico co centro.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

Xa se atopa  publicada a LISTAXE DEFINITIVA de persoas admitidas  no proceso de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Estas listaxes poderán ser consultadas polas familias:

  • De forma presencial: están expostas no taboleiro de anuncios do centro. Poderán cosultarse en horario de mañá de 09:00 a 11:30h e de 12:00 a 14:25h e os martes pola tarde de 16:30 a 18:05

  • On line: a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

INFORMACIÓN

 

RECORDAMOS ÁS FAMILIAS QUE

O MARTES

18 DE MAIO NON HABERÁ CLASE

EQUIPO DE MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Esta semana rematou coa formación o noso equipo de mediación. Foi un curso moi dinámico e ameno no que traballaron as técnicas de resolución de conflitos a partir de supostos prácticos.

O alumnado que forma parte do equipo de mediación neste curso académico son: Iria, Ian, Irene, Laura N., Laura C., Sabela, Nerea, Valeria, Alicia, Nahir e Javier. Sabemos que farán un gran labor para a mellora da convivencia no centro.

Agradecemos a Mónica Vélez a súa dedicación e o seu traballo realizado durante estas semanas.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

Xa se atopa  publicada a listaxe provisional de persoas admitidas  no proceso de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Estas listaxes poderán ser consultadas polas familias:

  • De forma presencial: están expostas no taboleiro de anuncios do centro. Poderán cosultarse en horario de mañá de 09:00 a 11:30h e de 12:00 a 14:25h e os martes pola tarde de 16:30 a 18:05

  • On line: a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

DATAS EXAMES PENDENTES MAIO 2021

Informamos que do 3 ao 14 de maio terán lugar os exames de pendentes. Para consultar as datas prema na icona do calendario.

Distribuir contido


by Dr. Radut