Skip to Content

ACTO DE DESPEDIDA DE 4º ESO. PROMOCIÓN 2020-2021.

O alumnado de 4º ESO despedíuse do Faro da Lúas cun acto informal cheo de humor e emotividade. Moitos descubrimos a grandes monologuistas entre as nosas alumnas, e mesmo a algunha que outra talentosa escritora. Desexámosvos a mellor das sortes sexa cal sexa o camiño do voso futuro! 

Para ver as fotos e os vídeos do acto, premede na seguinte imaxe:

 

ORLAS DE 4º ESO. PROMOCIÓN 2020/2021.

E chegou o día de despedir ao alumnado de 4º ESO. Aos nosos mozos e mozas tocoulles vivir un curso marcado pola pandemia e será sen dúbida un ano que non esquecerán facilmente. Moitos parabéns a todos e todas por superar un ano con tantos retos. Desexámosvos o mellor sexa cal sexa o camiño emprendido, e xa sabedes que o Faro das Lúas será sempre a vosa casa. Mantede sempre eses fermosos sorrisos que a pandemia nos ocultou este ano debaixo dunha máscara. O futuro é voso, chic@s!

 

 

 

VÍDEOCONFERENCIA CON ANTÍA YÁÑEZ

O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de facer unha videoconferencia con Antía Yáñez, autora dunha das novelas que leron este curso na materia de Lingua galega e Literatura. Conversar coa autora sobre Be water permitiunos coñecer o seu punto de vista sobre os temas fundamentais da obra, pero tamén sobre como é a vida dunha escritora ou sobre como nace unha novela. O tempo mesmo nos rendeu para saber de primeira man que a obra terá unha segunda parte!

Ficamos todos/as agradecidos/as polo saber, a espontaneidade e o bo facer de Antía.

1º A GAÑA O ÍNDICE DA PAZ (CATEGORÍA 1º CICLO)

Este curso tan atípico e difícil para todos, o alumnado de 1º - A resultou gañador do noso Índice da Paz na categoría de 1º ciclo da ESO, o concurso que premia as mellores aulas en canto ao clima de convivencia. Os rapaces e rapazas gozaron dunha apetitosa merenda na cafetería do instituto como premio ao seu bo comportamento ao longo do curso, servida con agarimo por Rosa. Os nosos parabéns, chic@s!  Descarga as fotos aquí. 

                                        

CALENDARIO FINAL DE CURSO

PARA VISUALIZAR A INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DE NOTAS, RECLAMACIÓNS E PRAZOS DE MATRÍCULA, PREMER NA IMAXE.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON MÓNICA VILA

Para premiar aos alumnos e alumnas de 1º C polo seu bo facer á hora de construir as súas cámaras estenopeicas para observar o eclipse, esta semana recibiron a visita de Mónica Vila  da escola vilanovesa Fotoescola. Nesta ocasión Mónica impartiu un interesante e completísimo obradoiro sobre o funcionamento das chamadas cámaras minuteiras, moi similar ao das cámaras que os rapaces construiran. Aprenderon a súa historia, como era a súa estrura e mesmo levaron a cabo o proceso de revelado da fotografía de grupo que tomaron. Finalizaron a charla cun pequeno obradoiro sobre cianotipia, unha técnica fotográfica en papel empregando a luz solar, aproveitando as plantas que medran no noso patio.

Moitas grazas pola túa visita, Mónica! Esperamos volver contar coa túa visita!

Premede na imaxe para ver o álbum completo do obradoiro:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut