Skip to Content

1º A GAÑA O ÍNDICE DA PAZ (CATEGORÍA 1º CICLO)

Este curso tan atípico e difícil para todos, o alumnado de 1º - A resultou gañador do noso Índice da Paz na categoría de 1º ciclo da ESO, o concurso que premia as mellores aulas en canto ao clima de convivencia. Os rapaces e rapazas gozaron dunha apetitosa merenda na cafetería do instituto como premio ao seu bo comportamento ao longo do curso, servida con agarimo por Rosa. Os nosos parabéns, chic@s!  Descarga as fotos aquí. 

                                        

CALENDARIO FINAL DE CURSO

PARA VISUALIZAR A INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DE NOTAS, RECLAMACIÓNS E PRAZOS DE MATRÍCULA, PREMER NA IMAXE.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON MÓNICA VILA

Para premiar aos alumnos e alumnas de 1º C polo seu bo facer á hora de construir as súas cámaras estenopeicas para observar o eclipse, esta semana recibiron a visita de Mónica Vila  da escola vilanovesa Fotoescola. Nesta ocasión Mónica impartiu un interesante e completísimo obradoiro sobre o funcionamento das chamadas cámaras minuteiras, moi similar ao das cámaras que os rapaces construiran. Aprenderon a súa historia, como era a súa estrura e mesmo levaron a cabo o proceso de revelado da fotografía de grupo que tomaron. Finalizaron a charla cun pequeno obradoiro sobre cianotipia, unha técnica fotográfica en papel empregando a luz solar, aproveitando as plantas que medran no noso patio.

Moitas grazas pola túa visita, Mónica! Esperamos volver contar coa túa visita!

Premede na imaxe para ver o álbum completo do obradoiro:

 

EVA MEJUTO VISITA O FARO DAS LÚAS

O pasado 8 de xuño a escritora Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) visitou o noso instituto para falarlle ao alumnado de 2º ESO da súa novela "22 segundos", a primeira novela de Literatura Infantil e Xuvenil galega que trata a temática dun mozo trans. Grazas á Coordinadora da Biblioteca, Nadia Seijas, coa colaboración do Departamento de Lingua Galega, os rapaces e rapazas tiveron ocasión de preguntarlle á autora sobre todos aqueles detalles que máis lles chamaron a atención sobre esta temática de tanta actualidade. Precisamente xuño é o mes da Diversidade, así que que mellor maneira de celebralo. Podedes ver e descargar AQUÍ todas as fotos da charla, ademais quédavos este pequeno vídeo coas mellores imaxes. 

ECLIPSE SOLAR

Hoxe día 10 de xuño de 2021 producíuse un eclipse de sol parcial e tivemos a sorte de poder velo desde Galicia. Animados pola profesora de Bioloxía Ángeles Naveiro, o alumnado de 1º ESO confeccionou unhas cámaras estenopeicas para velo mellor e sen perigo.

          Premede na imaxe do sol para ver o álbum do eclipse:

                                                                                                

           E non vos perdades este vídeo coas mellores fotos!

 

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

A Consellería de Educación ven de convocar os Premios Extraordinarios  da ESO ao rendemento académico neste curso 2020/2021. O prazo para presentar a solicitude é do 7 de xuño ao 6 de xullo. Para obter máis información sobre os requisitos, preme na imaxe:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut