O pasado martes achegouse ao noso centro Ana Bravo Bastos, nai dun alumno de 2º B, para dar a primeira charla dentro do Programa de Orientación Vocacional en colaboración coas familias. Ana faloulles ao alumnado de 4º sobre a súa profesión, a de Auxiliar de Clínica Dental, e compartíu con eles a súa experiencia vocacional e profesional. Foi sen dúbida unha achega moi positiva e cercana para os mozos e mozas de 4º. Moitas grazas, Ana, pola túa xenerosidade!