Skip to Content

VOLVE O NADAL

No IES Faro das Lúas tentamos ir recuperando pouco a pouco  algunhas das nosas tradicións de Nadal que tivemos que deixar a un lado debido á pandemia. Este ano, e grazas a Adolfo Barcia, o profesor de Educación Plástica, e ao seu alumnado de 1ºA, a árbore de Nadal volve decorar a nosa entrada. Parabéns pola iniciativa e grazas a todos os participantes!

 

   

 

PARABÉNS, LUCÍA!

Queremos felicitar á nosa alumna, Lucía Oliveira Roma, de 1º ESO - B, por ser a gañadora do 3º Premio do I Concurso de Contos de Nadal convocado polaasociación cultural Mesa das Verbas co seu conto titulado "Un Nadal especial". 

 

CHARLA PARA FAMILIAS

      O CFR de Pontevedra organiza unha conferencia aberta a todas as familias titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.

Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.

A conferencia terá lugar  no salón de actos do IES Castro Alobre de Vilagarcía o xoves 16 de decembro de 19:00 a 21:00 horas.

A aforo é limitado por iso, no caso de querer asistir, poden  comunicalo vía email ao correo do centro para que enviemos a información á organización e teñan unha estimación de asistencia.

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O alumnado de Francés de 4º ESO, dirixidos pola súa profesora Begoña Ferreiro, elaborou un vídeo no que piden a erradicación da violencia contra as mulleres de todo o mundo: 

 

PROCEDEMENTO DE REPARTO E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Informámosvos que se publicou a orde na que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/2022

Para consultar a orde completa prema no seguinte enlace: pincha aquí

Recordamos que o prazo de presentación de solicitudes é do 15 ao 26 de novembro.

Poden descargar os anexos (I e II) nesta mesma  páxina web ou pasar a recollelos o alumnado pola administración do centro.

Para consultar calqueira dúbida poden contar co centro.

Descarga aquí o ANEXO I

Descarga aquí o ANEXO II

INSCRICIÓNS PARA AS PROBAS LIBRES DA EOI VILAGARCÍA

     A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía infórmanos de que as probas de acreditación de nivel lingüístico vanse celebrar no mes de febreiro de 2022.

O prazo de matrícula libre é do 9 ao 26 de novembro

(a aplicación pecharase o día 26 ás 12.00).

Para matricularse, o alumnado deberá empregar a aplicación en liña: http://www.eoidigital.com/eoixuntalibre

Na EOI de Vilagarcía pode matricularse para realizar a probas das seguintes linguas e niveis: 

  • Alemán: A2, B1
  • Francés: A2, B1
  • Inglés: A2, B1,B2, C1
  • Italiano: A2, B1
  • Portugués: A2, B1

Se precisan máis información, poden atopar nesta ligazón instrucións relativas á inscrición, taxas, calendario de exames, probas modelo e guías para as persoas candidatas.

Distribuir contido


by Dr. Radut