Na EOI de Vilagarcía pode matricularse para realizar a probas das seguintes linguas e niveis:
Alemán: A2, B1
Francés: A2, B1
Inglés: A2, B1,B2, C1
Italiano: A2, B1
Portugués: A2, B1
Se precisan máis información, poden atopar nesta ligazón instrucións relativas á inscrición, taxas, calendario de exames, probas modelo e guías para as persoas candidatas.
Este pasado martes día 9 de novembro voltamos celebrar o Magosto! E que mellor xeito de honrar a tradición do país ca coñecendo os xogos tradicionais galegos. Grazas ao profesor de E.F., Kito Parada, o noso alumnado pasouno en grande con xogos coma o do Espigo, o da Ra, o da Porca, o dos Pateadores, o do Faquir, o da Bólas celtas, o dos Foles, o do Curruncho, o das Picas, o do Quebracabezas do vinte e catro, o das Pirindolas con furados... E moitos máis! E así, con xogos e castañas asadas, puidemos albiscar un pouquiño da antiga normalidade. Deixamos aquí unhas imaxes e un vídeo-resumo da actividade. E para ver o álbum completo coas fotos de todo o alumnado, preme na seguinte imaxe:
Convócase un casting para seleccionar participantes nun filme que se vai gravar na Illa de Arousa. Preme na imaxe para consultar os detalles do casting: