Skip to Content

Probas de acceso a Ciclos Medios a Superiores

      Ábrese o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos medios

      e superiores de FP.

      As datas para inscribirse na de ciclos medios serán do 2 ao 13 de marzo

      e as probas celebraranse o 28 de maio.

      Podedes consultar o calendario completo das probas premendo na imaxe.

 

                            Deixámosvos a ligazón á web con toda a información da convocatoria aquí.

 

Entroido 2020 no Faro das Lúas

Un ano máis, o noso alumnado deuno todo para celebrar o entroido. Houbo concurso de ambientacion de aulas e tamén de coplas. Que quen foron os gañadores? Pois a verdade, iso é o de menos (o 1º de premio de ambientación foi para os de 3ºB e o de coplas, para os de 2ºB). O que importa é o que gozaron ideando, organizando, creando, ensaiando, colaborando... Traballando en equipo para que todo saíra ben. Queredes ver todas as fotos? Pois premede na seguinte imaxe:

Ademais, deixámosvos un vídeo de compilación de todas as performances das distintas aulas. Unha pequena mostra da creatividade dos nosos rapaces e rapazas.

Prazas vacantes no IES Faro das Lúas para o curso 2020-2021

Estas son as prazas vacantes no noso centro para o vindeiro curso 2020-2021. Premede na imaxe para acceder ao documento:

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase un día importante para a lingua, a literatura e en xeral para a cultura galega. Festexamos o día da muller que fixo rexurdir coa súa poesía o noso idioma, dándolle o estatus que perdera durante os Séculos Escuros. Rosalía de Castro é a figura por excelencia do Rexurdimento, este inaugúrase coa publicación de Cantares gallegos (1863), un libro reivindicativo no que a autora pretende defender e prestixiar a nosa lingua e o noso pobo fronte aos que o aldraxan. 

Aínda que esta festa cadrará nas vacacións de Entroido, para renderlle a nosa particular homenaxe, preparamos unha “playlist” con composicións versionadas por distintos artistas e grupos musicais. Esperamos que vos guste!

 

XXVI Concurso de Adhesivos da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés: O GALEGO E A LUSOFONÍA

Como cada ano, o EDLG do noso centro participou no concurso de adhesivos promovido pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés. A continuación podedes ver algúns dos traballos seleccionados. Grazas aos e ás participantes pola vontade e o esforzo!

E tivemos a sorte de traer para o Faro das Lúas o 2º Premio na categoría de 1º e 2º da ESO! Aquí temos o deseño elixido:

Queredes saber quen foi a afortunada gañadora? Pois premede para a foto.

8 meses, 8 causas para usarmos o galego. Palabras de xaneiro.

Seguimos corrixindo castelanismos e aprendendo léxico na nosa lingua. Aí van as palabras de xaneiro:

Distribuir contido


by Dr. Radut