Skip to Content

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA 25-26

Comeza o prazo para inscribirse no Programa de Bolsas Amancio Ortega. Se cursas actualmente 4º ESO e desexas estudar un ano en Estados Unidos ou en Canadá, tes dende o 2 ata o 24 de setembro para solicitar unha destas bolsas.

Tedes aquí as ligazóns para consultar as bases e requisitos de participación, así como o calendario de todo o proceso:

Bases de participación (requisitos)

Calendario

Preme na imaxe para acceder á web da Fundación e realizar a inscrición:

               Imaxe capturada da web https://becas.faortega.org/

 

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DO RENDEMENTO ACADÉMICO NA ESO

 

O día 7 de xuño iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prema aquí para ver a folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes. A principal condición para presentarse é ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos:

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos.

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 24 - 25

LUNS

24

MARTES

25

MÉRCORES

26

XOVES

27

VENRES

28

Avaliacións 4ºESO 4ºESO 4ºESO

 

3ºESO

 

LUNS

1

MARTES

2

MÉRCORES

3

XOVES

4

VENRES

5

3ºESO 2ºESO 2ºESO 1ºESO

 

1ºESO

 

LUNS

8

       
         

 

Atención a reclamacións : 25, 26 e 27 de xuño.

 

25 DE XUÑO ENTREGA DE NOTAS

GRUPO HORA
10:00 a 10:15
10:15 a 10:30
10:30 a 10:45

10:45 a 11:00

Ao longo do horario indicado o alumnado terá que presentarse no centro para a recollida de notas así como para a entrega de material.


Recordamos a obrigatoriedade de devolver os libros prestados pola biblioteca.


ENTREGA ORDENADORES


O día 20 de xuño ao longo das tres primeiras horas da mañá o alumnado baixará por quendas á
aula de Tecnoloxía para entregar os ordenadores, que serán actualizados. Deberán estar en perfecto
estado o ordenador, cargador e maletín, e ter carga completa.


O alumnado que cambie de centro deberá entregar os ordenadores prestados, en bo estado, con todos
os complementos entregados e os acordos de devolución asinados polas familias.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024 - 2025

            Imaxe de Manuel Rios en Pixabay. Dominio Público.

O noso centro forma parte do proxecto Edixgal, polo que, segundo as normas da Consellería de Educación, non se pode solicitar a axuda para libros de texto.

Por este motivo, aproveitarase o fondo solidario co que contamos para distribuílo entre o alumnado, ata esgotar as existencias.


Ata o inicio de curso non se saberá o número de alumnado que haberá en cada nivel nin o número de alumnado co que contará cada optativa, polo que aconsellamos ás familias que agarden ata ese momento para saber se deben adquirir ou non os libros das materias en que se vaia traballar con eles, do cal serán oportunamente informadas.

A listaxe das materias que traballarán con libro físico o próximo curso pode consultarse ao premer aquí así como no bloque Libros de texto da columna dereita.

XORNADA DE DEPORTES ACUÁTICOS DE 2º ESO

Nas paradisíacas augas do Grove, hoxe tocoulle o turno da rapazada de 2° para gozar dun marabilloso día de sol, mar e deporte. Da man do profe de ED, Kito Parada, practicaron paddle surf e piragüísmo e mesmo remaron no barco Dragón, do club Breogán. 

[Todas as fotos e vídeos da actividade están dispoñibles premendo nesta ligazón]

Distribuir contido


by Dr. Radut