Skip to Content

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024 - 2025

            Imaxe de Manuel Rios en Pixabay. Dominio Público.

O noso centro forma parte do proxecto Edixgal, polo que, segundo as normas da Consellería de Educación, non se pode solicitar a axuda para libros de texto.

Por este motivo, aproveitarase o fondo solidario co que contamos para distribuílo entre o alumnado, ata esgotar as existencias.


Ata o inicio de curso non se saberá o número de alumnado que haberá en cada nivel nin o número de alumnado co que contará cada optativa, polo que aconsellamos ás familias que agarden ata ese momento para saber se deben adquirir ou non os libros das materias en que se vaia traballar con eles, do cal serán oportunamente informadas.

A listaxe das materias que traballarán con libro físico o próximo curso pode consultarse ao premer aquí así como no bloque Libros de texto da columna dereita.



page | by Dr. Radut