O alumnado de 3º ESO participou nunha charla sobre relacións tóxicas impartida por unha psicóloga do Concello de Vilanova. Recibiron claves para recoñecer ás persoas con actitudes tóxicas, ben sexa no eido da parella ou das amizades. Por medio dun xogo de roles desenvolvido por Nizar e Nuria, todos e todas puidemos identificar certos comportamentos típicos destas persoas. Finalmente, a psicóloga proporcionounos ferramentas para non deixarnos envolver por estas dinámicas tan negativas.
Diseño de Across