Skip to Content

CHARLA SOBRE SEXUALIDADE

O pasado 28 de maio recibimos no noso centro a dúas médicas residentes que traballan no centro de saúde de Vilanova e que forman parte da unidade de medicina familiar e comunitaria do Salnés.

Impartiron charlas sobre educación afectivo-sexual aos diferentes cursos, respondendo ás dúbidas de cada clase. Moitas desas dúbidas foron recollidas de xeito anónimo polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 4º B, como parte do seu proxecto sobre educación e orientación sexual.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

A partir do martes 21 de maio e ata o próximo 21 de xuño de 2024, poderanse presentar as solicitudes de axudas para adquirir material escolar.


O alumnado matriculado en centros EDIXGAL no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.


Forma de presentación:


- No centro: cubrindo a solicitude ( anexo I) e o anexo II e presentalos en administración debidamente asinados xunto coa documentación correspondente. Pode descargar os anexos nesta ligazón.


- Na sede electrónica (https://sede.xunta.gal), accedendo ao procedemento ED330B.


Para máis información, pode consultar a orde publicada no DOGA: prema aquí

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

O pasado mércores, véspera do Día das Letras Galegas, celebramos co alumnado a nosa particular "Festa da lingua". Nela, o alumnado do centro leu e entendeu o por que se se celebra este día e quen é a persoa à que se lle adica este ano: Luísa Villalta.
Ao longo da xornada tiveron tempo para coller adhesivos, lambetadas e versos en galego e, ademais, puideron colorear as súas linguas e sacar fotos nun espello onde recoñecerse como galegofalantes orgullos@s da súa lingua!

[Podedes ver nesta ligazón o álbum con todas as fotos da actividade]

Letras Galegas 2024 de Across

PREMIADOS DO ÍNDICE DA PAZ 1º CUADRIMESTRE

Os gañadores do Índice da Paz do 1º cuadrimestre, 3ºB e 1ºB,  gozaron esta mañá das súas recompensas, unha apetitosa merenda servida por Rosa. Ademais, os rapaces e rapazas de 1ºB aproveitaron a ocasión para disfrutar dunha sesión de cine, merecido premio por gañar o concurso de disfraces de Entroido.

3º ESO PRACTICA SURF

Como cada ano, Kito Parada, o profe de Educación Física, está levando ao alumnado a practicar surf. Esta semana os afortunados foron os mozos e mozas de 3º ESO. Polo que se ve nas imaxes, non o puideron pasar mellor!

WELCOME TO SURF CAMP de Across

FRANCOFONÍA 2024

Un ano máis o pobo de Vilanova de Arousa converteuse na sede do Festival da Francofonía, no que participan ano tras ano máis de 20 centros educativos de toda Galiza, entre eles o IES Faro das Lúas. Mozos e mozas contribúen á celebración da lingua francesa a través da música, á vez que comparten uns días de convivencia na nosa vila e nas nosas praias. Parabéns a tod@s @s participantes e un agradecemento especial a Begoña Ferreiro, a nosa profesora de francés, polo seu traballo e esforzo na preparación desta actividade.

[Álbum de fotos nesta ligazón] [Vídeos das cancións aquí]

Francofonía 2024 de Across

Distribuir contido


by Dr. Radut