XORNADA DE DEPORTES ACUÁTICOS DE 2º ESO
Nas paradisíacas augas do Grove, hoxe tocoulle o turno da rapazada de 2° para gozar dun marabilloso día de sol, mar e deporte. Da man do profe de ED, Kito Parada, practicaron paddle surf e piragüísmo e mesmo remaron no barco Dragón, do club Breogán.
[Todas as fotos e vídeos da actividade están dispoñibles premendo nesta ligazón]