Skip to Content

VISITA A SANTIAGO POLO DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024

Este ano o Día das Artes Galegas (1 de abril) estivo dedicado ao escultor cambadés Asorey. Con este motivo, o alumnado de 1° e 2° achegouse ata Santiago co fin de realizar un roteiro para coñecer algunhas das súas esculturas máis emblemáticas coa guía de Mercedes Espiño. Tamén houbo tempo para comer nas Cancelas, visitar o Panteón de Galegos Ilustres, o Mupega e o Auditorio de Galicia. Neste último edificio puideron ver a mostra "#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega", unha exposición que percorre a obra das artistas da novela gráfica en Galicia.

 [Podedes ver as fotos da saída neste álbum]



page | by Dr. Radut