CHARLAS SOBRE CONDUTAS INFRACTORAS E ACOSO ESCOLAR
Hoxe no noso centro tivemos unhas interesantísimas charlas para o alumnado de 2º e 4º de ESO. Froito da colaboración entre a Fundación Barrié e a Asociación Arela, o Programa Ktorce18 leva uns anos desenvolvendo os seguintes obradoiros:
▪ Obradoiros co obxectivo de previr as condutas infractoras máis salientables na adolescencia, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, as pelexas e lesións, as ameazas, o maltrato familiar, o consentimento nas relacións, ... e en todos aqueles temas e situacións
que viven de cerca os e as adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade das persoas menores de idade nas mesmas.
▪ Charla-obradoiro de sensibilización fronte ó acoso escolar e o maltrato que ás veces pode darse nas aulas. O obxectivo é identificar posibles situacións de risco na aula e proporcionar ferramentas para que esas situacións de risco non desemboquen en situacións de acoso escolar.
Sen dúbida, o noso alumnado tivo a oportunidade de aproveitar valiosas ensinanzas para o seu día a día.