ACTIVIDADES QUE SE FAN NO CENTRO: EXPERIMENTANDO NA CLASE
Na clase de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º ESO, guiado pola súa profesora Nadia, realizou un experimento para poder comprender mellor o proceso de formación da xeosfera, a capa da Terra que están estudando. O experimento traballa con líquidos inmiscibles que, independentemente da orde na que foron botados, se reordenan na columna en base as súas densidades. Deste xeito, sabemos que o líquido verde do fondo é o máis denso, mentres que o queda na capa superior é o que ten menor densidade.