Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Na páxina web da Consellería publicase hoxe día 10 de xuño a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

 

Convócanse dous períodos de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.

 

Na Orde sinálanse, entre outros,  os seguintes aspectos: 

Artigo 2. Requisitos 

1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profe- sional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual. 

2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2020. 

 

Artigo 3. Documentación
O alumnado que reúna os requisitos para participar nesta convocatoria presentará a seguinte documentación: 

– Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde. 

– Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT ou de FP dual, segundo o anexo II desta orde. 

 

Artigo 5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes 

3. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo no que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos. 

4. As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP dual. 

 

Podedes acceder ao resto da Orde do 2 de xuño de 2020 no seguinte enlace:

 Así mesmo podedes contactar co departamento de orientación para resolver as dúbidas que teñades.