Convocadas prazas de residencia para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Na páxina web da Consellería publicase a Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21.

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes en período ordinario será:

  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

 

Na Orde sinálanse, entre outros,  os seguintes aspectos: 

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 

1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2020/21 inicie ou continúe estudos posobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 

2. No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.

 

Artigo 7. Requisitos académicos e persoais 

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos: 

1. Estar matriculada en estudos posobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes no curso 2020/21. 

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. 

Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de valoración po- derá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa. 

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudi- ciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de conviven- cia e participación da comunidade educativa e no capítulo II do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que a desenvolve. 

 

Artigo 8. Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos
1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza. 

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

2. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos. 

 

Podedes acceder a Orde do 29 de maio do 2020 e os Anexos nos seguintes enlaces: 

 Así mesmo podedes contactar co departamento de orientación para resolver as dúbidas que teñades.