AVISO IMPORTANTE: Traballo e comunicación co profesorado
Agardando novas instrucións de parte da Consellería, sinalar que continúan as actividades que se viñan desenvolvendo ata o de agora. Segundo o horario de cada grupo, o profesor/a que nese momento lle correspondese, estará dispoñible para entrar en contacto polo medio que establezan con calquera alumna ou alumno se así o desexase ou necesitase. Tamén poderán ser acordados entre o profesorado e o alumnado calquera outros momentos de comunicación.
Así mesmo, se queredes comunicarvos co departamento de orientación podedes mandar unha mensaxe pola aula virtual para concertar unha data e hora, deste xeito, dispoñeredes de atención individualizada para as vosas consultas ou dúbidas.
Por último, informarvos que unha vez celebrada a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, o mércores día 15 de abril, o xoves ou venres pode ser que haxa novas instrucións e así o faremos saber.
Un saúdo.
O Equipo Directivo.