Viaxe a Moaña: "O último barco" de Domingo Villar

Nesta situación que nos está tocando vivir pola pandemia do COVID19 e que está afectando a todos os países do mundo é bo momento para recordar e revivir o que nos fixo felices,  como ole o mar ou que che dea o aire na cara, as risas, o compartir experiencias... e cos teus amigos e amigas. 

 

O día 10 de marzo, os integrantes do club de lectura realizamos un percorrido guiado polos lugares onde se desenvolve a acción de O último barco, de Domingo Villar. Coñecemos varios lugares de Tirán, parroquia de Moaña,  a Escola de Artes e Oficios de Vigo... e soubemos da súa historia e transcendencia, grazas aos guías que tan ben nolo contaron.  Incluso estivemos con algunhas persoas que inspiraron  personaxes do libro, como o inglés, amigo de Mónica Andrade, ou o profesor de cerámica da Escola de Artes e Oficios, que aínda nos contou algunha que outra anécdota ao respecto que nos fixo rir. Sen dúbida, esta iniciativa da editorial Galaxia constitúe un excelente xeito de animar á lectura.

 

Completamos o día visitando o Museo do Mar, onde, entre outras cousas, vimos o submarino creado en 1898 por Sanjurjo Badía.

 

Pasámolo ben,  aprendemos e almacenamos na memoria vivencias positivas que nos axudan a levar este encerro con optimismo.

 

 

Aquí vos queda o enlace para ver en fotos como transcorreu a xornada.