4º ESO: Obradoiro para a prevención da  “Discriminación por razón de identidade  e/ou orientación sexual

Dentro do  programa de prevención de condutas violentas da Cruz Vermella levouse a cabo o Obradoiro para a prevención da  “Discriminación por razón de identidade  e/ou orientación sexual” ao alumnado de 4º da ESO no que se busca, en xeral,  previr a violencia nas súas diferentes manifestacións na poboación adolescente e xuvenil mediante accións de información e sensibilización. 

 

Así mesmo fomentase a igualdade, a convivencia, a diversidade e a tolerancia na poboación adolescente. 

Nesta ocasión as alumnas e alumnos de 4º da ESO traballaron con Alba (técnica) e Pablo (voluntario) conceptos básicos tales como a identidade, o xénero, o respecto, a tolerancia, etc e as manifestacións sociais deste tipo de discriminación e as estratexias para fomentar a non violencia e a tolerancia. 

 

A finalidade é potenciar a construción dunha identidade persoal responsable, comprometida e tolerante coa sociedade.