3º ESO: Obradoiro sobre Saúde Sexual

Hoxe, martes 3 de marzo, dentro do  programa de Educación para a Saúde da Cruz Vermella levouse a cabo o Obradoiro informativo – formativo no que se promove e  reforza os hábitos de vida saudables en xeral e, en particular, aqueles asociados a súa saúde sexual.  

 

Nesta ocasión contamos con Elena (técnica) e Natalia (voluntaria)  que traballaron co alumnado de 3º da ESO o obradoiro sobre saúde sexual, no que se abordaron temas relativos a: 

saúde, sexualidade e saúde sexual (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

 

Así mesmo abordouse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai presentes na sociedade actual e traballáronse as habilidades individuais e sociais, tales como resistencia á presión grupal, empatía e asertividade. 

 

Esta actividade foi realizada en colaboración polo Dpto de Bioloxía e Orientación.