Entroido 2020

Este venres 21 de febreiro celebramos o entroido no IES do Camiño, foi una xornada moi divertida, na que o pasamos moi ben: comemos, xogamos, bailamos e sobre todo rímonos moito!

 

Nesta xornada lúdica o alumnado participou nun concurso  no que se valoraba, por un lado, os disfraces no que se tiña en conta a imaxinación e a idea do grupo, é dicir, a coherencia dos mesmos e polo outro, a gastronomía propia destas festas.  

 

As gañadoras e gañadores do concurso concedido polo xurado foi a clase de 2º da ESO que conseguiu un almorzo para todos eles e elas na pastelaría Dulce María.  Parabéns rapazas e rapaces por este premio tan merecido. 

 

E no tocante ao premio concedido polo xurado popular acordouse que todo o alumnado do centro, pola súa implicación, participación e as gañas que puxeron neste entroido desfrutarán dunha hora de recreo!! Premio que tivo una aceptación boísima entre os alumnos e as alumnas do insituto.

 

Parabéns a toda a comunidade educativa por facer deste entroido un día inesquecible!!  Vémonos o ano que ven ;) 

 

Podes ver no seguinte enlace as fotas da xornada: