Por que nos chamamos así? Os apelidos de Palas de Rei.

Por que hoxe levamos dous apelidos? Cales son os apelidos máis frecuentes en Galicia? Que significan? Cales son os apelidos máis frecuentes en Palas de Rei? Para responder a estas preguntas contamos no instituto con Ana Boullón,  profesora da Facultade de Filoloxía galega da USC. 

Entendemos que os apelidos agrupábanse en orixe patronímico, alcumes ou sobrenomes ou por topónimos. Ademais aprendemos que ata a Lei do Rexistro Civil de 1870 non se comezou a empregar o apelido paterno e materno, antes os nenos levaban o apelido do pai e as nenas o apelido da nai. 

E xa por último vimos cales eran os apelidos de Palas de Rei,  tales como Cagide, Buján Morandeira .... e como algún deles se castelanizou. 

Nesta web podemos ver os apelidos galegos e como se distribúe por comarcas en Galicia: https://apelidosgalicia.org

 

 

Esta charla levouse a cabo en colaboración co departamento de lingua galega.