"Léoche un conto"

Iniciamos este curso académico unha actividade de colaboración entre as bibliotecas do CEIP de Palas de Rei e o IES do Camiño, de cara a fomentar o gusto pola lectura dende as idades máis temperás ata o alumnado máis maior.

Neste actividade participaron os nosos alumnos e alumnas de 2º da ESO que trouxeron da casa os libros que deixaron a súa pegada cando eran cativos e cativas e que lles ían ler ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

Durante a actividade por parellas, en tríos ou individualmente contáronlles o conto mentres os máis cativos atendían ao relato, as imaxes que aparecían nel e o seu narrador/a. Durante uns intres a súa cabeza puido voar a outros paraxes, historias, heroes e heroínas …. E sobre todo deixaron voar  a imaxinación e as gañas por aprender relatos novos.

A experiencia foi moi enriquecedora e positiva para todos e todas e hai quen xa dixo “que cando volvían a contarlles un conto”, xa que comprobaron o encanto que ten ler por pracer e facer soñar a outros/as cando un é contador de contos.

Mentres tedes aquí un resumo en imaxes da xornada.