Este ano dedícaselle o Día das Letras, por fin, ao profesor e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), autor dunha Gramática e dunha Historia da Literatura Galega contemporánea e ademais narrador, poeta e dramaturgo. Na nosa biblioteca temos estas obras súas ou arredor da súa figura, se queres achegarte á súa vida e obra.
Ademais, a súa novela Scórpio é moi recomendable polo interese do seu contido (que recolle os acontecementos históricos dos anos 20 e 30 do século pasado en España) e pola modernidade da súa técnica narrativa.