Para a última semana deste mes de abril, a biblioteca traballa na preparación das seguintes actividades:
-III Concurso Fotográfico "O Pracer de Ler".
-Elaboración de vídeos onde as familias do noso centro amosen as súas bibliotecas, explicando que tipo de libros teñen, como os teñen ordenados, cales son os seus favoritos, etc.
-Encontro de exalumnas do instituto que son escritoras.
-Exposicións bibliográficas dos premios Cervantes.
Agardamos a vosa colaboración e suxestións.