Skip to Content

Biblioteca A3P

CLUB DE LECTURA "AVELAÍÑA"

Na biblio Xa temos en marcha un curso máis o noso club de lectura.  De momento temos sete grupos con opción doutros dous máis.  Hai un pouco de todo: clubs de manga, de novelas xeral, temática e romántica, de ciencia, un grupo de profes e catro xestionados polo propio alumnado.  Tamén teremos un en inglés.  Estades a tenmpo de apuntarvos a calquera deles ou de formar outro.  O caso é ler e divertirse.  Aquí vos deixamos unha presentación para que saibades cales son os primeiros libros que estamos a ler.

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN DA NOSA BIBLIOTECA A3P

Compartimos convosco unha presentación con libros e música para desfrutar este verán.  Graciñas aos profes e alumnado que nos fixeron chegar as súas propostas.  Lembrade tamén que podedes levar libros da nosa biblioteca para o verán.  Só tedes que apuntar na libreta que hai xunto ao posto de administración o voso nome e o número de rexistro dos libros ou películas que levedes.

Bo verán para toda a comunidade educativa do David Buján e se é con libros moito mellor.

imaxe_santiagoapostolo

AVISOS DA BIBLIOTECA

Dende hai uns días tanto o alumnado como o profesorado do noso IES ten no su correo electrónico un enlace á enquisa anual sobre funcionamento da biblioteca. Alí nos poderedes dicir o que está ben, o que está mal e que suxestións e novas ideas tdes para que todo funcione moito mellor.  Por isoo é moi importante que a cubrades (ata o 27 de maio). Aquí tedes de novo os enlaces:

ALUMNADO
 
PROFESORADO
 
Lembrade tamén os profes que o pasado 27 de abril mandeivos un correo con toda a información sobre a nova biblioteca dixital implementada pola Consellería.  Alí tedes toda a información e as claves de acceso.  Se pensades utilizala é importante que entredes para ver se hai algún problema.

 

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O PRACER DE LER"

Dende a biblioteca convidámosvos a participar na segunda edición do concurso fotográfico "O pracer de Ler", co que queremos celebrar o Día do Libro 2022.  Como o curso pasado, en que a obra gañadora foi esta composición de Tomás Andrade Boga, trátase de mandar unha foto artística (ou varias) que recolla a idea da lectura como algo pracenteiro.  As bases do certame están recollidas no PDF que segue.

CLUB DE LECTURA AVELAÍÑA

Seguimos cos nosos clubs de lectura, aos que vos podedes incorporar cando queirades, xa que aínda nos quedan uns meses de curso.  Aquí tedes un PDF cos libros que estamos a ler neste momento.

 

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA PARA OS DÍAS DA POESÍA E DO TEATRO

O domingo 20 e o domingo 27 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e do Teatro respectivamente

Con tal motivo, as dúas vindeiras semanas desde a biblioteca temos preparadas as seguintes actividades:

-Exposición de poemas seleccionados e ilustrados polo alumnado de 1º de ESO e de book trailers de alumnado de Bacharelato.

-Lectura dramatizada de fragmentos teatrais e poéticos a cargo do alumnado de 3º e 4º de ESO (farase entre o 28 e o 31 de marzo en todas as aulas do centro agás en 2º de Bacharelato, en data e hora que se indicará e sempre que non haxa inconvenientes por parte do profesorado).

-Exposición de fondos bibliográficos de poesía e teatro na mesa do vestíbulo.

-Lecturas e comentarios feitos polos profes que queirades dos vosos poemas e fragmentos teatrais favoritos nas clases que consideredes durante estas dúas semanas.

 

NOVOS LIBROS PARA OS NOSOS CLUBS DE LECTURA

Varios dos nosos clubs de lectura veñen de rematar o libro que estaban lendo e comezar un novo. É o momento para que vos incorporedes a esta actividade. Aquí vos deixo a información actualizada.

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA PARA AGASALLAR E AGASALLARSE EN NADAL

Os membros do equipo da biblioteca e varios alumnos de 1º de ESO estivemos pensando en libros bos e bonitos que nos poderían traer Papá Noel ou os Reis este Nadal.  O resultado está neste arquivo que vos xuntamos e tamén nas estrelas penduradas da árbore de arriba.

Tamén vos lembramos que podedes levar o que queirades da biblio para ler nestas vacacións (deixando nota se non hai ninguén).

O grupo de biblioteca desexa a toda a comunidade educativa do David Buján unhas Felices Festas, sempre na boa compaña dos libros.

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA. NOVEMBRO-DECEMBRO

Neste PDF podedes ver a maioría dos libros chegados á nosa biblioteca nas últimas semanas.  É unha selección coidadosa e atractiva.  Está ao voso dispor.  Seguro que atoparedes o que vos interesa.

Boa lectura!

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Dende a nosa biblioteca sumámonos á importante data de hoxe, 25 de novembro, e achegamos unha presentación para invitarvos a ler libros que nos axuden a superar esta lacra.  Contra a violencia machista, lectura, educación, imnformación, cultura.

Distribuir contido


by Dr. Radut