O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro, cando comezaba o Aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos. Para sabers máis cousas preme no enlace.
Como todos os anos, no noso centro festexamos o Samaín cunha bonita decoración e cunha chea de concursos. Este ano participa tamén:
- Talla a túa cabaza e mándanos a foto ( edlg@iesdavidbujan.gal)
- Concurso de conxuros
- Concurso de contos ou microcontos de medo ( "Medo me dá")
Entrégalle o teu traballo ao profesorado de Lingua Galega.
Gorentosos premios do bar de Aurora!