Skip to Content

Premio final da fase europea do concurso Bujansat

Tras meses de traballo o minisatélite do IES David Buján de Cambre culminou a súa participación na Competición Europea Cansat 2021 organizado por Esero, área educativa da Axencia Espacial Europea, alzándose co Premio á Mellor Difusión.

Dende o centro estamos moi orgullosos do traballo dos alumnos Xoel, Iago, Julián, Jacobo, Diego e Hugo actualmente alumnos de 2º de bacherelato e dos profesores do Clube de Ciencias Isabel Parada e Pedro Rodríguez que os acompañaron durante todo o proxecto. 
Este tipo de proxectos contribuen a adquirir competencias transversáis como o traballo en equipo, o uso de novas tecnoloxías, programación de aplicacións, deseño e construcción de circuitos electrónicos así como aumentar a competencia linguística en idiomas como o inglés.


page | by Dr. Radut